Sunday 28 de April de 2024

Feijóo eloxia a vocación de servizo público dos medios de comunicación para, a través do rigor, loitar contra a covid e o “virus da desinformación”


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou hoxe a vocación de servizo público dos medios de comunicación para, a través do rigor, loitar contra a covid e o “virus da desinformación”.
“Vosa é a primeira narración desta pandemia, aínda máis meritoria se temos en conta a incerteza dos primeiros compases”, dixo, subliñando que o dato e as novas veraces bateron contra os bulos e as fake news, silenciando o ruído interesado nunha batalla aínda non finalizada, na que está en xogo a saúde e as vidas.
Así mesmo, aproveitou o acto conmemorativo do XX aniversario de La Opinión de A Coruña para recordar que Galicia ten unha fonda tradición de xornais que desde o máis próximo, contribúen a forxar relatos e verdades compartidas que nos dotan de sentido colectivo.
O presidente da Xunta concluíu, aseverando que La Opinión e os medios de comunicación en xeral están convocados tras a pandemia a informar dunha Galicia resolta a saír fortalecida da pandemia.